lunes, 4 de marzo de 2013

O máis

Creo que é incorrecto decir que algo é o mellor ou o peor da vida, o día máis feliz ou o día máis triste. Pode que o sexa, dende logo se o chegamos a decir é porque realmente é moi feliz ou moi desastroso.
Pero para ser o máis ten que darse a vida por concluída. Aínda quedan días e días para poder mellorar ou empeorar ese día.
O máis correcto sería antes de morrer pensalo e ahí , só ahí sería lóxico decilo.A moitos non se lle da a oportunidade de poder pensalo e  quizais non ter ese tempo para decidilo é o mellor que nos pode pasar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario