miércoles, 13 de marzo de 2013

Todo perfeuto.

Un día vai todo ben, por casualidade. Ou mellor....daste conta de que todo vai ben, que sempre foi ben.

lunes, 11 de marzo de 2013

domingo, 10 de marzo de 2013

Retornar non é voltar.


Agora é cando sí que aplaudo a teoría do eterno retorno do mesmo do que falaba Friedrich Nietzsche.
Pois si, eu diríalle que si a ese pequeno demo.
O peso máis grande, sería para min, a máis grande das sortes.

lunes, 4 de marzo de 2013

Experiencia

Fáltanos a experiencia suficiente como para vivir ben. Sí, eu diría que demasiada experiencia, porque xa se sabe eso que din de que o home tropeza ca pedra, ou era a pedra co home? Bueno.. sexa como sexa falta experiencia.
É como cando aprendemos a andar en bici. O principio é moi complicado, e temos que empezar coas rodiñas de apoio. Despois andamos sós e incluso sen máns. Pero, canto tempo é necesario para poder subir unha acera sen ter que baixar da bici? Só a experiencia nos ensina que collendo velocidade a acera sobese sen problema.
Pois igual pasa coa vida, é preciso de moitas paradas en aceras para saber que podemos subilas con velocidade e forza.

O máis

Creo que é incorrecto decir que algo é o mellor ou o peor da vida, o día máis feliz ou o día máis triste. Pode que o sexa, dende logo se o chegamos a decir é porque realmente é moi feliz ou moi desastroso.
Pero para ser o máis ten que darse a vida por concluída. Aínda quedan días e días para poder mellorar ou empeorar ese día.
O máis correcto sería antes de morrer pensalo e ahí , só ahí sería lóxico decilo.A moitos non se lle da a oportunidade de poder pensalo e  quizais non ter ese tempo para decidilo é o mellor que nos pode pasar.